Álbums 2022

Escoita algunhas das novidades discográficas do pasado ano!

ECHO –  Catrin Finch/Seckou Keita – Arpa/ Kora e voz – Wales/Senegal – World Music

Echo celebra o amor, as relacións e a memoria. Explora os paralelismos e as diferencias culturais entre a arpa galesa e a Kora africana.

Echo celebra o amor, as relacións e a memoria. Explora os paralelismos e as diferencias culturais entre a arpa galesa e a Kora africana. 

      Spotify          catrin finch and seckou keita       

DESCOFAR   –  Alice Soria-Cadoret et Nikolaz Cadoret – Arpa eléctrica – Bretagne – Folk         

Echo celebra o amor, as relacións e a memoria. Explora os paralelismos e as diferencias culturais entre a arpa galesa e a Kora africana.

Descofar é unha criatura fantástica, un híbrido do alento melódico da música bretona, a potencia do post-rock e a improvisación. 

         web     bandcamp spotify

HEAL & HARROW – Rachel Newton and Lauren MacColl – Arpa e Voz / violín. Folk. Escocia

Homenaxe humanizadora as perseguidas durante os xuizos as meigas escocesas no S.XVI. Cada peza está baseada en obras da célebre autora Mairi Kidd.

        Web  Bandcamp Spotify


NIO                  Momi Maiga – Senegal – Kora e Voz –  World Music

  “Alma” en mandinka, Nio combina Jazz, afrobeat e flamenco en composicións do xoven artista, que difunde mensaxes de alegría e paz. Colabora Carlos Monfort ( violin), Aleix Tobías (percusión) e Marçal Ayats (violonchelo).

          Web   Spotify

VIAJE AL INTERIOR        Juanjo Corbalán cuarteto – Paraguay – Jazz fusion.

 Juanjo rescata sons da música popular con influencias jazzísticas. Xerando así músicas inspiradas na natureza e creando unha síntese entre a paisaxe musical local e o universal. 

    youtube spotify

WOMEN OF LIGHT   – Marianne Gubri & Thea Crudi – Italia – Arpa  e Voz

A música reflicte unha viaxe musical entre mantras índios, música celta e composicións minimalistas. Destaca a modernidade e actualidade de antigas filosofías espirituais milenarias

          Web   Spotify

BISIAD   Morgane Grégory (arpa e voz)  et Kevin La Pennec (arpa e voz) – Bretagne – Folk. 

Dous arpistas e cantantes da nova xeración de músicos bretóns. A través de arranxos e composicións, xuntos, configuran un repertorio fresco, baseado en técnicas rítmicas e actuais. 

       Web soundcloud


EL NIDO              Musgö – Arpa eléctrica e Voz – Pop Folk 

   Adelanto do que será o seu novo álbum. El nido, é o símbolo da sonoridade, un lugar feminino de creatividade, abundancia, alegría e inspiración onde descansar de unha realidade (as veces) desoladora.

      Youtube Spotify Web      

Places…         Remi Van Kesteren – Arpa eléctrica/ Moderna – Holanda – Electronic, Neo-clásica…

    “Lugares que tal vez visitei, xente que poida que coñecera “ pt 2 segundo EP dunha serie de 4, un documento dunha época confusa na que sobresae o mundo interior.

     Spotify   web  Bandcamp

Le intermittenze della vita    Raoul Moretti – Arpa eléctrica – Italia – 

   

Cuarto álbum en solitario para arpa eléctrica con electrónica en directo. A banda sonora do período extraordinario vivido durante a pandemia.

      Web        spotify   Youtube

 

Otilia              Laura Hynninen – Arpa, voz, electrónica –  Finland – Folk, Nordic

 

Solista, músico de cámara e arpista orquestal dende 1990. En Otilia Laura Combina a súa propia música con arte visual nun estilo vangardista único.

    Web    Spotify    YouTube


Symphonique     Ismael Ledesma – Paraguay – Folk

                                                     Coa  Orquesta sinfónica de la policía nacional del Paraguay .

O álbum sintetiza a extensa carreira internacional de Ismael que comeza en Europa en 1982. Celebra así xunto a Sergio Cuquejo e a orquesta sinfónica cuarenta anos de carreira.

   Web    Spotify    YouTube


kanour Noz    Awena Lucas / Yann Le Bozec /Elodie Jaffre – Arpa, Voz – Tradicional – Bretagne

 

Kanour Noz, cantante nocturno en bretón, foi o alcume que os habitantes de Kerroc’h, puxeron a un pescador que adoitaba cantar pola noite, durante as súas viaxes marítimas. Élodie Jaffré descubriu. que este home, Louis Le Hirez, era o seu tío avó. 

      Web    Spotify

Saggitaire         Nádia Birkenstock – Arpa celta e voz – Germany

 Adianto do novo disco 2023. As composicións, cancións e arranxos de Nadia están sendo interpretadas e ensinadas en todo o mundo por músicos de arpa profesionais e afeccionados.

      Web      Spotify      YouTube

castilla del oro         Manuel Vilas & Ars atlántica – Arpas históricas

 Mundo poético e musical dos conquistadores do Perú. Recreación sonora e coherente co contexto histórico e xeográfico dun tempo no que a música tiña unha función máis social que artística, onde nobres e plebeos relataban acontecimientos a través da tradición oral e a música.

      Spotify    YouTube

Tañendo con voz sonora      Laura Puerto & Manuel Vilas – Arpas históricas

 Música renacentista para dúas arpas ibéricas segundo o modelo de Pere Elías (Barcelona 1704) por as Arpas Sonoras coa colaboración da soprano Cristina Teijeiro e o contratenor Flavio Ferri-Benedetti.

      Spotify   YouTube


Habitat                  Angélica Salvi – Arpa Modera – Oporto – Contemporánea, Pop. 

Non hai trucos. Soa real e profundo, sempre na procura de melodías que guían ao oínte ao máis fermoso dos lugares.

      Web     Spotify      Bandcamp


Un jour encore     Daniela Heiderich & Gilles Chabenat – Arpa bohemia, Voz/ zanfona Folk – Alemania/Francia

O seu repertorio tende pontes dende composicións propias ata músicas tradicionais francesas e alemás e melodías de manuscritos antigos. 

      Web     Youtube

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *