Quen somos
Unha asociación que nos aporta utilidades para o noso traballo como intérpretes e docentes.
Unha asociación que quere ser de utilidade para a nosa contorna social.
Unha asociación que quere ser expresión do mundo da arpa en Galicia.
Unha asociación que ofrece soporte ás iniciativas das asociadas.
Que facemos
- Boas Vibras: programa de intervencións nos hospitais de Galicia a cargo de voluntarias da Asociación.
- Encontros Anuais de estudantes e escolas de arpa de Galicia durante o Noia Harp Fest.
- Premio Anual de Composición para arpa “Portus Apostoli”: convocatoria, proceso de selección e estrea das obras premiadas nunha Gala de Entrega durante o Noia Harp Fest.
- Obradoiros trimestrais sobre diversas actividades relacionadas coa arpa.
Xunta directiva
- Rodrigo Romaní, presidencia
- Beatriz Martínez, secretaría
- Felipe Alonso, tesourería
- Alba Barreiro, vogalía
