A primavera é un bo momento para prestarlle algo de atención as demandas do noso instrumento. Canto hai que non cambiamos as cordas? notades problemas de afinación? ruidos, ou por suposto roturas e outras.
Comezamos!
Temos dúas opcións principais,
1. Acudir a nosa luthier de confianza, preferiblemente e se é posible a persoa ou marca que creou o instrumento. Aquí deixamos un pequeno listado para emerxencias 🎻
Lorena Reinaldo – e-mail – Soutomaior
Luis Martins– harpaluis@gmail.com – Soutomaior
David Miguelez – Gondomar
Luthería Davila – Mos
Pero ir aos profesionais, non nos exime de coñecer o noso instrumento e darlle un mantemento adecuado.
Para iso vexamos algunhas webs que nos servirán de axuda para facernos co mellor material.
Tenda Camac Aquí poderemos atopar fácilmente as nossa cordas preferidas, o xogo de Camac Alliance Carbon. Poderemos mercalas individualmente ou por xogos, saen exactamente o mesmo prezo, así que revisade o voso almacén de cordas, e apuntade as que precisedes. Na mesma páxina tedes un descargable práctico para iso, (se nos guiamos por un arpa de 34 cordas, comeza de agudo a grave polo A1 ata o C34).
Nesta páxina podemos atopar tamén as ferramentas necesarias para axuste e manipulación das nosas ‘levas’ (forma correcta de denominar as chaves).
Outro bo sitio para facernos con accesorios é a páxina das arpas Dusty . Aquí atoparemos todo tipo de complementos, dende fundas ou flycase, ata amplificación. Teñen unha (senón a mellor) amplificación para arpa do mercado, un sistema de varias pastillas que funciona a perfección
Aquí tedes un documento no que podemos coñecer os aspectos básicos da amplificación.
Xa con todo preparado, poñámonos a tocar e se queredes renovar os vosos recursos, partituras ou cds esquecédevos das anteriores, a vosa páxina é http://www.creightonscollection.co.uk/