Boas Vibras

Arpistas pola saúde

Coordinadora: Nuria de León

Boas Vibras é un programa posto en marcha pola Asociación Noia Harp Fest e a Obra Social Pediatría, da Fundación Instituto de Investigacións Sanitarias de Santiago para a presenza da música de arpa en centros hospitalarios, no contexto da mellora na humanización da asistencia aos pacientes e o aproveitamento dos beneficios que supón esta práctica para a saúde, estudados e analizados noustras experiencias similares realizadas en diversas partes do mundo.

As sesións constan das intervencións dos e das arpistas que, de xeito completamente voluntario, ofrecen a súa música a pacientes ingresados adaptando a súa interpretación ás súas circunstancias clínicas e emocionais . A interpretación e a comunicación verbal de cada sesión pretende chegar á paciente dun modo persoalizado, tócase para un ou dous nenos/as ou mozos/as preferentemente ao pé das súas camas ou en entornos confortables para o/a ointe.

Nas sesións participan de xeito individual ou a dúo mestres e estudantes das diferentes escolas de arpa. Para eles é moi positivo a inmersión nun entorno moi diferente ao habitual na súa actividade, vinculada a audición para o público en xeral cun repertorio ou programa concreto. En Boas Vibras se traballan valores como a solidariedade, a improvisación musical e a comunicación emocional.

Durante as sesións pódese comprobar como nalgúns casos resulta evidente os cambios positivos na frecuencia cardíaca e os niveis de oxíseno en sangue. Os/as pacientes adoitan entrar nunha fase de maior relaxación e calma. O persoal sanitario que sigue ás sesións certifica efectos beneficiosos na actitude posterior á realización das intervencións

As primeiras sesións comezaron no mes de maio de 2023 no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, coa colaboración da Obra Social Pediatría, da Fundación IDIS. Ata a data de hoxe fixéronse máis de 30 intervencións nas que colaboraron cinco arpistas profesionais e unha estudante de arpa. O programa continúa.

Scroll ao inicio