Actividades
Boas Vibras
Un programa que achega a música e a arpa a hospitais e espazos de atención social, creando momentos de encontro e benestar a través da música.


Encontros de alumnado e escolas de arpa
Xornadas de convivencia, aprendizaxe e interpretación compartida entre alumnado de diferentes escolas de arpa, favorecendo o intercambio de experiencias e a práctica musical en grupo.
Premio “Portus Apostoli”
Premio internacional de composición destinado a impulsar a creación de novo repertorio para arpa e orquestra de cordas, favorecendo a difusión de novas obras e o contacto entre compositores e intérpretes.


Obradoiros
Actividades formativas e prácticas destinadas a ampliar coñecementos, experimentar novos recursos e compartir experiencias arredor da arpa.
