Novas
Álbums 2022
Escoita algunhas das novidades discográficas do pasado ano!
ECHO – Catrin Finch/Seckou Keita – Arpa/ Kora e voz – Wales/Senegal – World Music

Echo celebra o amor, as relacións e a memoria. Explora os paralelismos e as diferencias culturais entre a arpa galesa e a Kora africana.
Spotify catrin finch and seckou keita
DESCOFAR – Alice Soria-Cadoret et Nikolaz Cadoret – Arpa eléctrica – Bretagne – Folk

Descofar é unha criatura fantástica, un híbrido do alento melódico da música bretona, a potencia do post-rock e a improvisación.
HEAL & HARROW – Rachel Newton and Lauren MacColl – Arpa e Voz / violín. Folk. Escocia

Homenaxe humanizadora as perseguidas durante os xuizos as meigas escocesas no S.XVI. Cada peza está baseada en obras da célebre autora Mairi Kidd.
NIO Momi Maiga – Senegal – Kora e Voz – World Music

“Alma” en mandinka, Nio combina Jazz, afrobeat e flamenco en composicións do xoven artista, que difunde mensaxes de alegría e paz. Colabora Carlos Monfort ( violin), Aleix Tobías (percusión) e Marçal Ayats (violonchelo).
VIAJE AL INTERIOR Juanjo Corbalán cuarteto – Paraguay – Jazz fusion.

Juanjo rescata sons da música popular con influencias jazzísticas. Xerando así músicas inspiradas na natureza e creando unha síntese entre a paisaxe musical local e o universal.
WOMEN OF LIGHT – Marianne Gubri & Thea Crudi – Italia – Arpa e Voz

A música reflicte unha viaxe musical entre mantras índios, música celta e composicións minimalistas. Destaca a modernidade e actualidade de antigas filosofías espirituais milenarias
BISIAD Morgane Grégory (arpa e voz) et Kevin La Pennec (arpa e voz) – Bretagne – Folk.

Dous arpistas e cantantes da nova xeración de músicos bretóns. A través de arranxos e composicións, xuntos, configuran un repertorio fresco, baseado en técnicas rítmicas e actuais.
EL NIDO Musgö – Arpa eléctrica e Voz – Pop Folk

Adelanto do que será o seu novo álbum. El nido, é o símbolo da sonoridade, un lugar feminino de creatividade, abundancia, alegría e inspiración onde descansar de unha realidade (as veces) desoladora.
Places… Remi Van Kesteren – Arpa eléctrica/ Moderna – Holanda – Electronic, Neo-clásica…

“Lugares que tal vez visitei, xente que poida que coñecera “ pt 2 segundo EP dunha serie de 4, un documento dunha época confusa na que sobresae o mundo interior.
Le intermittenze della vita Raoul Moretti – Arpa eléctrica – Italia –

Cuarto álbum en solitario para arpa eléctrica con electrónica en directo. A banda sonora do período extraordinario vivido durante a pandemia.
Otilia Laura Hynninen – Arpa, voz, electrónica – Finland – Folk, Nordic

Solista, músico de cámara e arpista orquestal dende 1990. En Otilia Laura Combina a súa propia música con arte visual nun estilo vangardista único.
Symphonique Ismael Ledesma – Paraguay – Folk
Coa Orquesta sinfónica de la policía nacional del Paraguay .

O álbum sintetiza a extensa carreira internacional de Ismael que comeza en Europa en 1982. Celebra así xunto a Sergio Cuquejo e a orquesta sinfónica cuarenta anos de carreira.
kanour Noz Awena Lucas / Yann Le Bozec /Elodie Jaffre – Arpa, Voz – Tradicional – Bretagne

Kanour Noz, cantante nocturno en bretón, foi o alcume que os habitantes de Kerroc’h, puxeron a un pescador que adoitaba cantar pola noite, durante as súas viaxes marítimas. Élodie Jaffré descubriu. que este home, Louis Le Hirez, era o seu tío avó.
Saggitaire Nádia Birkenstock – Arpa celta e voz – Germany

Adianto do novo disco 2023. As composicións, cancións e arranxos de Nadia están sendo interpretadas e ensinadas en todo o mundo por músicos de arpa profesionais e afeccionados.
castilla del oro Manuel Vilas & Ars atlántica – Arpas históricas

Mundo poético e musical dos conquistadores do Perú. Recreación sonora e coherente co contexto histórico e xeográfico dun tempo no que a música tiña unha función máis social que artística, onde nobres e plebeos relataban acontecimientos a través da tradición oral e a música.
Tañendo con voz sonora Laura Puerto & Manuel Vilas – Arpas históricas

Música renacentista para dúas arpas ibéricas segundo o modelo de Pere Elías (Barcelona 1704) por as Arpas Sonoras coa colaboración da soprano Cristina Teijeiro e o contratenor Flavio Ferri-Benedetti.
Habitat Angélica Salvi – Arpa Modera – Oporto – Contemporánea, Pop.

Non hai trucos. Soa real e profundo, sempre na procura de melodías que guían ao oínte ao máis fermoso dos lugares.
Un jour encore Daniela Heiderich & Gilles Chabenat – Arpa bohemia, Voz/ zanfona Folk – Alemania/Francia

O seu repertorio tende pontes dende composicións propias ata músicas tradicionais francesas e alemás e melodías de manuscritos antigos.
Outras…
https://www.itma.ie/blog/edward-bunting-digital-harp-collection

A páxina do Irish Tradicional Music Archive (ITMA) xunto coa Music Network reuniu a dez dos principais arpistas de Irlanda no estudio do arquivo para gravar melodías recollidas por Edward Bunting (1773 – 1843) no Belfast Harp Festival de 1792e publicadas en 1797 en A General Collection of the Ancient Music de Irlanda.
A páxina logo dunha breve historia presenta a cada artista, o audio e conta cunha partitura interactiva, moito máis que interesante e a descarga en pdf da mesma.
https://imslp.org/wiki/P%C3%A1gina_principal
En relación a arquivos e partituras contamos tamén coa versión App ou web do IMSLP Biblioteca de Música Pretrucci que conta con partituras de 213.000 obras. En relación coa arpa atoparedes moito material, estudios (pozzoli, Alfred Holy, Bochsa…) obras completas e moito máis.
Festivais, cursos e novas arpísticas
Webs para mantemento e coidados
A primavera é un bo momento para prestarlle algo de atención as demandas do noso instrumento. Canto hai que non cambiamos as cordas? notades problemas de afinación? ruidos, ou por suposto roturas e outras.
Comezamos!
Temos dúas opcións principais,
1. Acudir a nosa luthier de confianza, preferiblemente e se é posible a persoa ou marca que creou o instrumento. Aquí deixamos un pequeno listado para emerxencias 🎻
Lorena Reinaldo – e-mail – Soutomaior
Luis Martins– harpaluis@gmail.com – Soutomaior
David Miguelez – Gondomar
Luthería Davila – Mos
Pero ir aos profesionais, non nos exime de coñecer o noso instrumento e darlle un mantemento adecuado.
Para iso vexamos algunhas webs que nos servirán de axuda para facernos co mellor material.
Tenda Camac Aquí poderemos atopar fácilmente as nossa cordas preferidas, o xogo de Camac Alliance Carbon. Poderemos mercalas individualmente ou por xogos, saen exactamente o mesmo prezo, así que revisade o voso almacén de cordas, e apuntade as que precisedes. Na mesma páxina tedes un descargable práctico para iso, (se nos guiamos por un arpa de 34 cordas, comeza de agudo a grave polo A1 ata o C34).
Nesta páxina podemos atopar tamén as ferramentas necesarias para axuste e manipulación das nosas ‘levas’ (forma correcta de denominar as chaves).


Outro bo sitio para facernos con accesorios é a páxina das arpas Dusty . Aquí atoparemos todo tipo de complementos, dende fundas ou flycase, ata amplificación. Teñen unha (senón a mellor) amplificación para arpa do mercado, un sistema de varias pastillas que funciona a perfección
Aquí tedes un documento no que podemos coñecer os aspectos básicos da amplificación.

Xa con todo preparado, poñámonos a tocar e se queredes renovar os vosos recursos, partituras ou cds esquecédevos das anteriores, a vosa páxina é http://www.creightonscollection.co.uk/
Curso Interpretación Música Medieval con Manuel Vilas.
Lembramos que segue aberto o prazo de inscrición no curso de INTERPRETACIÓN DE MÚSICA MEDIEVAL que se desenvolverá do 27 ao 30 de abril no Centro de Artesanía e Deseño, en #Lugo
Unha oportunidade de formación musical única a cargo de catro dos mellores intérpretes de música antiga a nivel internacional:
👉 Francisco Luengo. Corda frotada, violas, gigas e organistrum.
👉 Manuel Vilas. Arpa medieval.
👉 Bor Zuljan. Corda pulsada, cítolas e lúdes. Bor Zuljan.
👉 Paloma Guitiérrez del Arroyo. Canto.
8 horas de formación diaria, de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20:00 horas:
✔️clases de interpretación de distintos instrumentos e voces
✔️clases de música de cámara, xuntando diferentes instrumentos
ℹ️ Aínda que as alumnas e alumnos poderán empregar os instrumentos do Centrad e os que acheguen os profesores, recoméndase contar cun instrumento propio.
📩Inscricións en info.centrad@deputacionlugo.org ata o 21 de abril, indicando nome e datos de contacto.
